Quen somos?

A REDE 

Dende o ano 1998, a Rede de Mulleres ven traballando na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos, así como na formación e información sobre xénero.

O traballo realizado dende unha perspectiva de xénero, enmárcase en catro eidos:

· Concienciación e prevención da violencia contra as mulleres, difundindo os valores de igualdade entre as persoas.

· Reincorporación psico-social, promovendo benestar e a mellora da calidade de vida das mulleres.

· Asistencia e acompañamento a mulleres que sufren violencia de xénero. As mulleres que o precisen poden solicitar acompañamento para todos os trámites que precisen (xuízos, citas médicas ou coa avogada/o, etc.)

· Formación en materia de xénero. A Asociación realiza charlas gratuitas para colectivos, asociacións ou organizacións en materia de xénero e máis concretamente en violencia de xénero.

Rúa Oliva, 12-2º
Horario de oficina: 10:00-13:30 e 17:30-21:00
Teléfonos: 986 22 23 28 / 606 92 91 37
Correos: redemediadoras@gmail.com e redemediadorasvigo@hotmail.com




PROGRAMAS


PROGRAMAS DA REDE DE MULLERES
*A Rede está considerada Entidade de utilidade pública e participa no Consello Municipal das Mulleres do Concello de Vigo.